ELA.-
Ela é a Esclerose Lateral Amiotrófica i é unha mala pécora. Isto quere ser un recordo, unha aperta pos que a sufren e os que non puideron con tamaña carga e, declarándose vencidos, subiron voluntariamente a barca de Caronte. Animosos despedíronse cun sorriso, detalle que non debemos esquencer.
Quero que isto seña para todos polo que non vou dar nomes. Menciono únicamente a dúas persoas: o historiador Tony Judt por deformación profesional, ainda que eu sóo sexa un aficionado a Historia, e a Belén. muller do meu veciño Cobas, que onte, 3- Jun, enterrárona. É TAN SÓO TIÑA 45 ANOS. Deixa unha parella de fillos de 15 e 17 anos. Que teñan sorte.
Recordo cando Cobas, fará dez anos, véume a encargar ferro -daquela rexentaba unha ferralla- para facer a casa unha especie de adosado, a nivel do chan, sin alturas, sin escaleiras, pois Belén xa tiña dificultade para subilas. Aquelo foi un acto de amor e como cal o quero recordar. I esto, dito así, pode estranar a quen ignore que no meu discurso poético-vital sempre hai ferros, diamonds and rust.
O xénero human sempra levará mal a pérdida dun ser amado, aínda que desde o principio dos tempos fora así non nos damos afeito. ¡Qué magoa!!