Publicidad:
Terra
La Coctelera

soydelugoynoloniego

Sede benvidos.-

8 Marzo 2010

Homenaxe a miña nai.-

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora.

O primeiro recordo da miña nai vencellado o mundo do traballo ambientábase na escola que poñía pola súa conta unha que estudara. O país sufrira unha guerra -po que non entenda algo do dito mais enriba-. Había fame, os nenos na escola pasaban frío.

De súpeto chamaban a porta, era miña avóa, a Sra Mercedes de Cabarcos. Non tiña que dicir nada. A súa filla mais nova Conchita erguíase coma un lóstrego de vontade porque entendía que tiña que ir cas vacas para as Regas ou po prao que levaban nas Saamasas. I ela, non cumpridos os dez anos ía feliz, conscente que daquela todo o mundo tiña que axudar na casa.

Era  cotiián vela subir a Viña, xa de poliña, cunha cesta na cabeza en dirección o mercado onde podía gañar una ou dúas pesetas, vendendo a verdura que recollera con amor aquel mesmo día pola mañanciña. Tiña que ir xuntando po axuar.

Despois casoú, e cambioú o traballo na leira polos ferros vellos, polos latóns, polos aluminios, polos cobres, polos chumbos. Pero ela sempre o levou dignamente. Chegando a xuntar, co meu pai, cartos para o piso, para comprar o baixo que usaban de almacén, para darlles carreira os dous fillos os cales nunca lles faltou de nada. Incluso o detalle que sempre,  a unha e media,  estaba a comida na mesa. Ata que pudo sempre nos acompañaba a mecar roupa. O que nunca a vín, foi cansada.  

Grazas mamá, nunca chegarei a túa altura!!. Pero tíña que dicirche isto.   

servido por paco 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de paco

soydelugoynoloniego

lugo, España
ver perfil »
contacto »
Wikio

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera