Carta a un paisano.-
Titulo así, pues poco importa que ese paisano haya sido la excepción a la norma de Rosa Díez. Pese a ser gallego saiú listo coma unha centella.
Chegou a ministro, a Ministro de Fomento onde tivo predecesores tan ilustres coma aquel Álvarez Cascos que trataba de pescar campanus sentado nunha silla de camping cunha xoven loira que non sabía por onde andaba. Acórdaseme o Caudillo no Eo. E claro íl era nado en Ferrol. Co cal seguimos a andar no tema dos galegos.
Non é que me deixe arrastrar pola epopeya deste rapaz de Ferreira que veremos antes do que pensamos pelexando pola Xunta. Que non se quera ver apologética pleitesía. Son conscente de que a súa chegada, poducirá moitas vacantes, pola xente cesante. Pero eu non penso neso, aínda que estou sin chollo. O único que me atrevería a suxerirlle é que pense o ben que quedaría Orozco como Conselleiro de Educación. Así o pobo de Lugo respiraría. Posto a pedir, a miña máxima aspiración sería a de ser Conselleiro Aúlico, pero teño entendido que iso non se leva nestes intres. Recordo a Don Xosé, de adolescente, que iniciaba os seus discursos nas frías mañás nas pistas de Cidade Cultural de Lugo precisamente con esas verbas: Compañeiros, neste intre que nos atopamos bla, bla, bla. Eu pensaba que era algo así como o conxuro da queimada. Moito non me enteraba.
Foi unha xogada de tute xenialmente executada a dos controladores aéreos. Llo recoñecín, llo recoñezco. Ista carta é respetuosa, e como tal lle desexo sorte, pois debe ser un colectivo de armas tomar.
O tono distendido desta carta ven porque me fixo graza o que dixo respecto a construcción. Dixo que non se había que olvidar dela, (eiquí os nosos pareceres diverxen) pensando que volverá a ser o maná que nos alimente no deserto, no cal cuarenta anos non estaremos, pero case. Fan falla 200.000 viviendas o ano, o que temos que esquencer é o ritmo de 900.000 que se estaban a construir, dixo vostede.
Aténdome as súas verbas, ístas o contradicen. Imos ver, si vostede estima que se construíron 700.000 mil vivendas o ano de mais e si a bacanal podemos considerar que duroú dez anos, cousa que digo con certo coñecemento, xa que no 2000 eu tiña un taller de ferralla. O caso é que tras unha rápida operación aritmética, podemos deducir e deducimos que ai feitas 7 milllóns de vivendas de mais.
Ou sexa, que cuarenta anos serán moitos, pero trinta e cinco non hai quen no los quite. Non é pesimismo, dícenno os números. Ainda que regalen os pisos, a que nos ven é boa.