Publicidad:
Terra
La Coctelera

soydelugoynoloniego

Sede benvidos.-

23 Febrero 2010

Perdónaos, Magister Matthew.

Na miña lembranza sempre estará vívida a imaxen de mestre Mouríz, cando eu tiña 8 ou 9 anos, colocado o lao do Santo - que  santo non resultou ser moito- dos Croques e facéndonos un a un desfilar diante dél. O irnos achegando,  collíanos a cabeza e nos daba contra os dourados bucles de granito dun homiño ca autoestima tan baixa  que tiña  que portar escrito nunha cartela que certificaba   que  aquelo "Architectus me fecit".  Cecais, influído pola SGAE da época trataba de despexar dúbidas futuras respecto o copyright da obra. Non fallarían voces que quixeran ver  naquela obra felizmente executada a mao do mesmo Deus. Don Xosé Mouríz a cada un que collía cariñosamente pola testa lle decía:

-Para que o santo - ímolo deixar así ... que fixo isto, co cal demostraba que fora  moi listo- che abra a intelixencia.

 Eu, que podo presumir de non ter tido aprovada ningunha oposición, de non ter obtido ningún laurel na vida, -agás a presidencia da miña comunidade de veciños- agradézcolle a súa abogacía. Incluso  cando diante daquela magnífica ordo prophetarum oín a un dos homes que mais sabía do chollo no mundo. O eximio catedrático Don Serafín Moralejo. Sabía tanto do que hai que saber, que nos facía creer que nos sabíamos algo. Non chegando a outra cousa que a oílo, coma unha cantata de Bach. Soaba. A eso chegamos, non mais alá.

Pero Don Serafín non andaba sóo cos " paños calientes" propios da Universidade. Don Serafín espertou en nós o espírito critico. Por exemplo: cando fai dous anos alegando problemas  "técnicos" colocaban unhas pasarelas de aceiro inoxidable, o cal  mui románico non quedaba, impedindo que se repetira un dos rituales mais soados: o dos croques, que exigía contacto físico, escomenzei a enervarme. Desta naide falou de feísmo. Eu chorei. O Pórtico e as súas figuras foron pensadas para ser tocadas piadosamente agardando beneficios taumatúrxicos po espírito.

Pasado o tempo oin que ían a montar uns andamios, -esta vez asegurarianse que foran  románicos-. Andaba polo medio  un banco, o cal me cheirou mal. Por riba  falaban dun protocolo que poderíamos adxetivar de  palaciego para organizar unhas visitas que nunca sabían cando ían a ter lugar, pero o que é organizalas as organizaban mui sesudamente. Non conseguin que entenderan   que no meu caso non quería que naide me guiara. Eu sóo pretendía humildemente tendo o punto de vista de Mateo  ser Mateo mismo e revivir a cerimonia de colocacion dos diinteis alo polo 1168.

 Pero todo iste despropósito non é nada comparado co que leo oxe na prensa. A andamiaxe impedirá ver o Pórtico todo iste ano santo, o cal poderámos entender si houbera una razón. Reigosa, un amigo, restoulle importancia o feito ca mín me alporizaba. Asi nace otra obra de arte, dice, non hai que esquencer que Ferrá Adriá anda por aquí. Se atarán los perros con longaizas, comenta. Pero esto podería ser si a foto fora o que se vira, pero o andamio non deixa ver nada, absolutamente nada. A xente métese o tute do Camiño para, o final, non ver a Gloria.

Non piaría si esta  andrómena soportara un feixe de laboriosos  restauradores. Pero non é así. Diferencias técnicas alega Feijoo que é un tipo de direito que a chafa cando se pon a falar das capas de policromía. O final a culpa tivérona quenes fixeron isto por non botar unha boa capa de imprimación. Feijoo eludiú inclinarse por unha industral ou naval.

Non pensedes que isto é outra cousa que un alarido, un aullido...unha lamentación dime o oído un tal Jeremías, que aproveitou a confusión para estirar un pouco os pés, farto de posar. É de novo maravilleime ca súa face.

servido por paco 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de paco

soydelugoynoloniego

lugo, España
ver perfil »
contacto »
Wikio

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera