Agardando pola milagre.-
Axentes da Garda Civil han detido a un peregrino irlandés de 44 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas por forzar a porta de acceso a unha cafetería en Palas de Rei (Lugo) e presuntamente roubar a recadación dunha máquina comecartos, situada no establecemento hostaleiro no que pasaba a noite.
Segundo informou este venres o instituto armado, o detido foi identificado como H.K.S., de 44 anos de idade, natural de Irlanda e con domicilio descoñecido. Os axentes interceptáronlle unha mochila na que portaba varias bolsas con moedas no seu interior, así como un desaparafusador, e no interior da súa carteira uns 500 euros en billetes.
O detido atopábase realizando o Camiño de Santiago e pasaba a noite esa noite no local hostaleiro. Os axentes atoparon encima da cama da habitación que usara unha caixa metálica aberta e baleira que o propietario do establecemento recoñeceu como a que utiliza para gardar o cambio.
Quen redacta esta nova non ten porqué saber que ista e resultado fehaciente de co Espírito Santo anda argallando como corresponde en data tan sinalada como a deste xacobeo 2010. O que sí podería saber xa que escribe na prensa e que o han detido moi ben non soa. Tomarei café con Ferrín e comentareillo. En liña con isto, eu facendo gala da miña condición de ex seminarista desenrolei un quinto senso que me advirte da presenza de anxos i/o arcanxeles i/o trasnos. Podese decir que son un especialista en feitos sobrenaturales. Rara e a semana que non me chaman de algunha parte do mundo pedíndome explicaciós sobre pantasmas ou outra cousa. Teño soluciós para todo.
Pero calqueira podría decatarse de que isto é un deja vú que xa tivo lugar no mesmo camiño fai algun tempo. No século XIII e no século XVI. Como neste caso o acusado era extranxeiro, francés creo recordar. No outro caso era igualmente un foráneo, concretamente galego, ¡¡ que facía o camiño portugués!! .
Falla polo momento unha autoridade eclesiástica -eu propoño a monseñor Carrasco Rouco- agás dun narrador maís solvente que descubra como o irlandés de 44 anos H.K.S.ha de recurrir a xustiza para intentar demostrar que todo foi unha movida artellada por unha rapaza que traballaba na pensión que sentíndose desprezada, forzou ela mesma a máquina comecartos escondendo o roubado entre os pertrechos do peregrino, o cal viuse tan sorprendido como a Garda Civil de que tivera tantos cartos.
Esto que estou a contar aínda non ocurreu, pero ocurrirá, Despóis falarase dunha enchedola con xente principal e aparecerá un decindo que o habitante de Hibernia é tan inocente como vivo está o capón que vos estades marimbando. Ouvido esto o capón reponse, pese a que xa lle falla un zanco e unha ala, e canta.
Así pasou no s. XIII en Sto Domingo de la Calzada e no século XVI en Barcelos. Despois do de David Meca e o que lle fai falla a Feijoo: unha milagre.
Buscando precisiós leo na Wikipedia que en Sto Domingo de la Calzada la gallina cantó. Aquí non cantan as femias,pero tratándose dunha milagre....