Moisés.-
Moisés é nome bíblico, cecáis influencia da Igresia Evanxélica. Perante séculos a Igresia Católica fixo o mesmo nas aldeas, as que encheron de Licinios, Constantes, Torcuatos, Eugenios, Teodoros . Hermenegildos... foi unha maneira de espallar a cultura clásica. Non imos a entrar en disquisicions do papel que xugou esa mesma igresia no afundimento do mundo clásico, por antonomasia pagan.
O tema é outro. Penso ca Igresia Evánxelica exerceu unha boa influencia no colectivo xitano. Conto entre os meus amigos a ún que ten un fillo chamado Josué. E penso que realmente a familia do pequeno ía cuidalo, pois ista igresia introdúceos na nosa sociedade (todo o mundo sabe que dun problema de sobrepeso). A labor que boto de menos de parte do Goberno e que proibira dunha vez a venta de graxas saturadas aderezadas con doce industrial as portas dos colexios. Pero íso non se considera prioritario. Hai moreas de razóns... .Como dí o Arcipreste "donde hay dinero hay mucha bendición". O que queira xa entenderá.
O que me enerva e o papel mirífico neste caso que desenrolan os Servicios Sociais. Moi dilixentes actúan esta vez. Para qué recordar que a estes mesmos Servicios se lles teñen morto de inanición varios membros dunha familia nun puebliño i eles dín que non tiña coñecemento, ou ancians que morren desasistidos en pobos de dúas casas porque "yo de esto...no sé nada". Verbas dun drama litúrxico medieval que dí un San Xosé incrédulo ante os comentarios de que a Virxen estaba encinta "por causa de Espiritu Santo".
Nin que estar na mao do público significara ante o mal unha impunidade . Qué é o público?. Os que miraron a nena de Tenerife e non viron outra cousa que signos de unha violación precedida de malos trato. Isto víronno pois o home ca levou a Urxencias tiña mala pinta. Nembargantes non viron o coágulo que matou a nena. No caso que nos ocupa semella que a naide lle importe o shock emocional que poda sufrir o neno.
E hai mais casos. ¡Qué lle van decir os país!. Dacordo en que non actuaron ben. ¡Nin que eles nunca a cagaran!. Vexo medrar o nefasto racismo.
Salud Moisés e familia.
Dos días más tarde: Amnistía Internacional denuncia violaciones de derechos humanos en centros de menores.