A ponte. Sobre o 1900.-
Posúo esta foto por cortesía do Eminente Sr Álvaro Gasalla. Ista vai ser a primeira foto da serie que me propoño subir e constituir galerias. Primeiro poñerei retratos dos meus devanceiros, unha mistura dos cales veño a ser, físicamente e psicolóxicamente. Creo que llo debo.
Pero iste que dí ?. Isto é unha paisaxe. Pero foi unha paisaxe que viu de rapaz o señor Ramón Cabarcos, que ven a ser meu avó. Isto fai que eu sinta emoción. Sintoa porque era parte da lenda familiar que narraba que
-"cando papá era pequeno o río non levaba moita auga".
Vendo nista foto a estructura que presentaba a ponte, énchese de senso o conto reiteradamente dito na casa de Cabarcos. O que para o meu avó era unha ponte sin mais, eu tiven curiosidade e agás de ponte, nos libros lín que a súa orixe era romá, de época deTrajano -como casi todo o hispánico-. Pero entón ¿cómo é que cando o avó era pequeno o río levaba menos auga?. Porque habían desviado o río para poder traballar na ponte a cal recuperaría a horizontalidade orixinal, para esquencer definiticamente a estructura apuntada usada nos séculos medievais para termar.
Éncheme de pracer VER a destacada casa do fielato, a esquerda, como recordatorio que alí, durante séculos se recaudou nela, ou nunha estructura riba da ponte, o pontazgo, tributo que ía a maos do señor de Lugo, o Bispo. A monumental Casa da Concha a direita, que foi demolida para facilitar o paso dos vehículos!!!! sobre os cimentos dunha ponte romá -calculada para soportar 6 toneladas.... Isos son os rasgos do medievo que nunca nos abandonará os de Lugo. Nembargantes eu sigo chamándome soydelugoynoloniego Oxe queda a casa de Riomol no mismo lado da ponte para que nos fagamos idea do porte da construcción.
A casa da Concha -e a de Riomol- habían de ser pretenciosas. Daban albergue os bañeiros, que era o nome que recibían os que viñan tomar os baños, no Balneario (tamén con orixes románs). Neste momento vivía unha etapa de esplendor, (no que coincidía co de Mondariz e outros) sendo habitual que se lles dera pensión completa -cama e comida- os bañeiros nunha gran parte das casas da ponte. Ponte chamábase ao lao direito, curiosamente onde nacera a miña nai. Pertencían os seus veciños a parroquia de San Pedro. Do lado esquerdo era San Lázaro, xa un arrabal. O balneario ocupa na foto a primeiro plano.
Naide podría imaxinar destas o Club Fluvial, aínda que parece que alí había un muíño que se servía do caneiro que xa estaba. E a beira direita, vemos anegado o conexal, zoa fertilísima, que non foi suficiente valor para que, nos setenta fixeran o paseo fluvial. Nin cas hortas foran importantes!!!.
Pero o fito é que meu avó, nado en 1898, viu este mismo paisaxe.
I eso emocióname. Él morreu en 1974, pero a súa memoria sigue viva. Grazas a tí, Alvaro.