Publicidad:
La Coctelera

soydelugoynoloniego

Sede benvidos.-

26 Octubre 2009

O da leite.

 

  

Co da leite confírmase  o que dí o profesor Bermejo Barrera -é coña, el é un intelectual universitario, ¡qué carallo lle vai importar o prezo  da leite!-.  Pero  eu, reivindicando que posúo a licencia pertinente universitaria o interpreto en xeral. Como  me peta. Dí falando de outra  cousa    -creo que no capitulo 7 do seu opúsculo "¿Para qué sirve a Historia de Galicia", creo que dentro dun capítulo intitulado "Historia e metafísica. Coñecemento histórico e identidade" que o que está a pasar ca agónica situazón do leite, por ceñirse a un producto, e recurrente, -e oxalá me equivoque-, estáse a convertir nunha constante que nos acompañará xeraciós....baseouse nun espexismo. Eu lle vexo similitudes co cegamento do brilo do ouro -sí, do mismo ouro que escondido nos castros ... nos quitaría da miseria- que nos fixo esquencer que somos fillos dun pobo que ten que manter "dignidade na pobreza" -isto dío el-.  No que ter dúas parellas de bois para arar era opulencia.

 

 Eu non nacín, polo que non envexo ser un vasco industrioso, nin de Santutxu -currantes-  nin de  Neguri -propietarios-,  tampouco nacin nin envexo ser comerciante catalá, de Mataró -currantes-  nin de Pedralbes -propietarios-. Pero pertenzo a un terrirrorio que a Constitución da, teóricamente,  o mismo status que eses dous, aínda que sabemos que a diferenza é que o noso estatuto non se ratificou  no 36.

 

Nembargantes no noso caso non se falaba en ningures de un concerto económico especial basado no réximen foral. A nós o termo foral non nos gustaba. Así, o noso país foi tomado polas firmas foráneas que puxeron en valor as nosas costas, mediante a  explotación racional dos recursos mariños. É obvio que tales recursos estaban nas nosas costas. Nembargantes as empresas pioneiras que explotaron tal riqueza, por arte de birbibirloque eran catalans. Non fai falla decir co arte de birbibirloque é consubstancial o feito galego.

 

E isto dóeme porque na casa que naceu Francisco de Coto -meu pai- segue, no ano 2009- sin considerarse prioritario a esistenza dunha habitación destinada exclusivamente o  baño.O meu pai fuxiu da aldea con 14 anos para ir empuxar un carretón nas minas de Villablino, e ganar un peso. A miña aldea, mal que me pese é pobre, pero pobre económicamente. Só hai unha pequena explotación que se poda chamar granxa. O cooperartivismo, a concentración parcelaria, sempre serán topos utópicos, valga a redundancia. Na miña aldea andan os coches polas mismas corredoiras que andiveron séculos os carros. Pero Paquiño de Coto fuxira de todo aquello. Pero eso non pode borrar que nacera en Cascoto, en Caborrecelle. Todo eso fixo que eu nacera na cidade, pero eso non pode borrar as raíces que teño no agro. Nacín nun Sanatorio, daquela feito excepcional. Son  o típico urbanita estúpido, o que meu pai decía cando eu falaba despois de comer ben o bonito que era o campo: "sí, os Sábados e Domingos é moi bonito". O pensamento do meu pai era un lóstrego. Era listo coma unha centella. Sempre gustaba decir que el aprendera as tres reglas, pero co seu ollo de bon cubero facía unha raiz cuadrada antes que eu,  que sóo me adicaba a estudar. Dixen tres reglas e dixen ben, non sabía dividir,  que como saben é  a cuarta regla, pero el amañábase para facelo, facendo, con ollo de buen cubero a proba, mltiplicando. Contaba as veces o estimulante que podía ser un chourizo ou unha longaniza ou un torresmo de touciño. Poesía pura. Podía ser un raposo, ou unha rapaz, por mimetismo, por imitación, pero poeta nunca se chamaría. E, nembargantes o era.

 

 Unha  vez ca miña avóa, avóa que nunca conocín, fixera unhas longanizas riquísimas, PACO non se pudo conter,  daquela era un rapaz, e  subiu o cuarto e abriu a alacena, o tempo que pensaba:  si collo unha enteira a nai sabeo, vou coller una anaco de cada unha  como si entrara un rato. E foi ledo o monte cos doce anacos de longaniza e escondeunos no monte. ¡Imaxínanse  esconder comida no monte!. Todolos días o alba erguíase e animoso decíalle a  Dolores, a súa nai, que en gloria esté, que ía cavar ao monte, ¡Qué ansia tiña!.  Pero unha vez chegado o sitio quitaba o anaco de pan que levaba escondido, facia un lume e abríaselle o ceu comendo aquel cacho de embutido. Non esaxero, Valerio Berdigensis, no sec. VIII, narra como un tipo pensou que chegara, sin dúbida algunha, o ceu polo olor dunhas olas que estaban o lume. E ti papá, e a túa aldea fustes o nexo que necesitaba para saber algo de eso, do medievo. Menuda  leria

 de estudo lle pagache o teu fillo. Pero SEMPRE volo agradecerei a ti e a mamá. Pero Dolores colleuno, como se colle a un animal. O meu pai deixouse de erguer a alba xusto pasados doce días, e a miña avóa descubriu o entuerto. Ay galopín!!.

 

Eu chollei nun taller de ferralla  e moitas veces asistin a cirimonia con que a xente do campo me invitaba a entrar na sua casa, na que resaltaban que TIÑA BAÑO. Un erudito da web www.miccionario.blogspot.com conta, en primeira persoa, contos populares interesantes. Nun deles deixaba claro que non sempre o uso do baño era síntoma de benestar, pois ún se lavaba cando tiña que ie o médico.

 

 Pero eu aparte de deleitarme oindo a mestres sobre o medievo, chollei nun taller de ferralla -creo que xa o dixen-e como fodidamente teño memoria recordo cousas  que prefería ter esquencido. Xente  que sin unha fanega de terra se poñía a constuir un alpendre ou nave para meter 30 ou 40 vacas, as que iba  alimentar exclusivamente con pienso...Fora precisamene o que lle ía a vender o pienso o que lle fixera o estudo de viabilidade. En dous ou tres anos forrao. I el creeuno. Comprou un coche a cada filla. Acabouse a estreitez. O ouro dos castros.

 

Daquelas, un bo día xuntáronse un director de banco, un executivo de vendas dunha fabrica de aperos, de tractores, de sistemas de ordeño, de carros  mezcladores  automotrices, algún perito ou enseñeiro captado por unha internacional de transxénicos ou de  millora xenética e algún político o que lle garatizaron que aparte de desenrolar o seu pobo, o cal xa non é pouco, algo ganaría. E se encheron. Viron que ían a gañar moitos cartos. Entre todos  propagaron a tola idea  de que para competir era necesario investir.. O cal é certo, pero con dous dedos de frente. Competir para qué?. Mirando costes e obxetivos. ¿Qué vamos nós a competir en producción de leite con países que nos levan 200 anos de dianteira?. En todo caso no país hai economistas, eu sóo abordo desde a lóxica, pero éstes foron sustituidos por mercachifles, por vendedores de fume.. E asi se fixo todo, a lo loco. A derradeira tractorada orredor da muralla a maioría dos tractores pasaban de 100.000 €. Pero fixemos oídos sordos a vox maiorum. Aquela que fixo un capitulo da ars poética a arte de nomear as partes do carro,  do carro deste país. Aqueles  homes que sabían facer un loro -peza que xunta a cabezalla do carro o xugo -buscar na web o carrogratisweb feito xeralmente de coiro que cando non había sustituíano quentando carballo no forno e o moldeabano. Non quedan vestixios do seu culto. E, nembargantes moldeaban, moldeaban como Roikhos y Theodoro, os  cales lles recoñeceu o seu pobo a seu facer, pervivindo na memoria. Aínda oxe sabemos que viviron nunhas illas gregas alá polo S VII a.c. Os nosos devanceiros foron artífices sin igual e, Deus meu!  non nos dimos conta. Artífices cando facían soar un instrumento musical, cando facían mollos na leira, cando enamoraban -sempre pensarei de onde quitaban as forzas para, despois de traballar os seis días da semá e o domingo pola maña se aseaban, se poñian guapos, e andaban 10 ou 15 km para ir ver a moza-. Evidentemente, somos irrespetuosos con eles, verdadeiros seres mitolóxicos, que soterramos no esquencemento.

 

A negra sombra de Rosalía, a prosaica negra sombra  de  Feijoo, que despois dos anos ca avaricia constructiva, na que todos saíron beneficiados. Galicia se convertiu no país das urbanizaciós sin alcantarillado, nin recollida de lixo e xeralmente con luz de obra. Pois di Feijoo cando redacto este post, o 23-X-09 que hai que incentivar o mercado inmobiliario. Vaca sooo!. E nadie lle pode decir e ese, neste caso, paspán que o que pasa sin recurrir a algoritmos e que hai viviendas feitas para 20 ou mais anos. Sinxelamente fixéronse vivendas o tolo sin importar a demanda. 

 

Non, non penses lector que esquencín o título deste post, pero eu non teño coñecementos da Ciencia Económica. Eu fago a miña lectura persoal e, por suposto, subxetiva. Dóeme iste país.

 

E quero honrar os devanceiros.

           

 

servido por soydelugoynoloniego sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera