Eu tamén son mantero.-
Perdimos a noción do tempo, pero pasaríamos casi quince días no mar. Quince terribles días cas súas noites nunha diminuta folla no medio do mar que, certamente, é infinito. A barca levaba pintados unhos demos, para que nos escorrentaran o medo, para darnos valor. O cal conseguiron sóo en parte. Eu de feito me caguei por riba non mais de tres veces. As olas acolloaban. Nunca lín nada acerca destos ornamentos que teñen as barcas -non sei de onde ven o de patera-. Pinturas feitas polos mais destacados artistas das nosas aldeas que no momento da botadura din máxicos conxuros. Esto non lle interesa o home branco, que tamén dín ten cultura, sóo fai moreas e montós con elas e acendenlles lume. Na cultura dos brancos todo o que non lles gusta remata no lume. O único que lles interesa e cos estamos invadindo...e non é certo. Nos sóo buscamos un pedazo de pan. ¡Nin que eles nunca invadiran!.
Coma bon musulmán o erguerme lávome a cara e os pés, e aínda me sobra auga para asearme os dentes. Eu teño en propiedade unha botella de plástico na que podo carrexar ata meio litro de líquido. Gardoa na miña tenda. Como bon musulmán prego tres veces o día cara a Meca aínda que esto as veces é unha cuestión de fe. Rezo nunha alfombra propia tres veces o día mirando para a Meca, ou o menos esa é a miña intención. O gps as veces non rula ben no medio de edificios. Pero unha vez chegado a Eldorado a miña sorte vai cambiar. Si ben é certo que polo de agora vivo entre excrementos e lixo, cambiará. Estou certo.

Pola noite fai moito frío. Pero eso non é o peor. O peor é que aquí non se atopa palla, polo que o chán faise extremadamente duro, pero isto para un xoven da miña aldea é bó, pois axúdame a estar en alerta. Son fillo e neto de cazadores, e si ben aquí a alerta non ten nada que ver ca caza, a alerta e boa porque as veces os rapaces blancos mexan por riba de nosa tenda...sin darse conta, din.
Tamén boto moio de menos a Oionne, a miña noiva. Si estivera aquí pronto procuraríamos un cativo.....ou non, pois resulta tan caro educar a un pícaro. Dou fé que aquí todo custa moito.
Aqui no mundo rico móvense moreas de cartos, trabállase moito. Si ben algunhos compañeirros prefiren mercar tendas eu considero mas digno durmir no meu coche. E mais quente. Teñolle unha especie de cortinas que lle dan un aire de fogar. Traballase tanto que inclusive os días de festa espertábame pola mañá, as oito, un demo dun xerador que está a traballar na obra que se ve enfrente do coche. Molestaba tamén os veciños que, alporizados chamaban a Policía Local. Ísta viña e, contra todo pronóstico mentras nós pensábamos que mandaría apagar o chollo, por ser día festivo... pero non, eles consideraban que os rapaces coma eu sempre estábamos a infrinxir algun artigo do código co que os policías víanse obrigados a sancionarnos. E digo obrigados porque eles eran enrollaos. Pero estas pequenas cousas non me esvaen da cabeza que xa cheguei a Eldorado aínda que polo de agora vivo entre excrementos e lixo. Pero eso está a cambiar.

Para nós, os africanos, e doado vivir na cidade. Nos sabemos poñernos a cuberto do ar, con un muro aquì, unha furgoneta alí. A maioría dos africanos que vimos facer esta feira somos senegaleses, e constituímos para o tema da comida unha especie de cooperativa. Cada ún pon o que pode. Hai días que quedamos fartos, chegamos a come ata tres veces. As mulleres, que dos seus coloridos vestidos son Africa, traen recordos... cociñan moi ben; unhas comidas moi especiadas pois as herbas son mais baratas ca carne crúa. Enchemos todo dun aroma incrible pero a xente blanca di que apesta.
Recordo o día en que chegou a porta da escola aquel home ben vestido, ca boa nova. Mais alá do mar había un mundo cheo de riquezas e opulencia, no que era doado tomar unha parte do botín. I él, por poucos cartos nos podía arranxar os papéis. Todo según a lei desos lonxanos países que él conocía tan ben ... ou polo menos eso nos fixo crer. O cabo de seis meses subin a barquiña. E agora, chegado a Eldorado vouno a descubrir por min mismo. Aínda que polo de agora vivo entre excrementos e lixo, iodo está a piques de trocar. O fin e cabo son exccrementos e lixo, certamente, pero DO PARAÍSO.
Adicado a Carlos Barral, a súa muller, e os lucenses que mostraron solidaridade cos manteros ante ún dos múltiples abusos da Policía.